2º Premio no FIOT

 Este ano volvemos participar no concurso de teatro lido que organiza o FIOT no Concello de Carballo. Foron tres os equipos participantes e dous deles conseguiron superar a primeira fase, puidendo gravar as súas historias no estudio de Radio Nordés en Carballo e, posteriormente, un destes equipos conseguiu chegar á final e facerse co segundo premio na categoría de secundaria!!! 

Moitos parabéns para...

Leyre García Asensio, Ayla Sueiro Bello, Daniela Suárez Facal e Xiada Rivera Sendón!!




Ademais, as obras gravadas en Radio Nordés serán transmitidas o 24 e 28 de novembro dentro do programa "Vivindo a Costa da Morte", polo que vos invitamos a escoitalas a través das ondas!!

Comentarios