O alumnado de 2º de ESO realizou na materia de Xeografía e Historia os seus propios feudos medievais. Para iso, puxéronse moi creativos realizando maquetas, debuxos e mesmo proxectos en Minecraft. A pregunta que vos facemos é…
sabedes o que era un feudo na Idade Media?
A todo isto, temos que sumarlle os campesiños que acudían aos señores feudais para pedir protección. A cambio, dáballes un anaco de terra para que a cultivasen e lles dese sustento. Os campesiños perdían entón a súa liberdade e convertíanse en servos dun señor feudal, a quen lle debían entregar parte da súa colleita e someterse á súa xustiza. O feudo formábano as terras entregadas polo rei ou por un nobre a un vasalo. O beneiciario convertíase en señor feudal, vivía das rendas que lle proporcionaba e exercía a autoridade sobre o campesiñado que o habitaba. Non era unha propiedade privada, senón vinculada. Iso significaba que estas terras non podían venderse, pero o señor tiña o dereito de tirar proveito delas e podía transmitilas en herdanza aos seus descendentes.
O feudo organizábase en dúas partes: A reserva señorial ou dominio estaba formada polas mellores terras, que o señor reservaba para a súa explotación directa. Nelas adoitaba estar o castelo. Os mansos eran parcelas de terras que o señor entregaba a servos ou a campesiños para que as cultivasen e construísen o seu fogar a cambio do pagamento dunhas rendas. No feudo podían existir tamén pequenas parcelas que eran propiedade dos campesiños libres (alodios), así como bosques e prados comunais para uso dos campesiños.
Aquí destacamos algúns exemplos dos feudos dos nosos rapaces de 2º…. QUE OS DESFRUTEDES!!!!
Ademais, o alumnado da radio realizoulles unhas entrevistas sobre o traballo abordado e podedes escoitar os podcast ao pinchar nos enlaces.
Comentarios
Publicar un comentario