Hoxe tivemos o pracer de conversar con tres dos usuarios da asociación Íntegro que, xa por segunda vez, visitaron o noso instituto para participar en Ponte na onda. Radio e contarnos o seu día a día na asociación.
Os nosos alumnos, Uxía, Dani e Sofian, levaron o fío condutor desta entrevista na que charlaron con Cata, Fran e José Carlos, quen nos explicaron con moito entusiasmo as actividades que desenvolven, as saídas, o número de integrantes,... Moitas grazas aos tres e a súa monitora Zeltia por acompañalos!!!!
Comentarios
Publicar un comentario