Hoxe celebramos o Día Mundial da Radio que este ano está dedicado á temática do cambio climático e como temos uns reporteiros e reporteiras moi astutos, decidiron facerlle unha entrevista a Marta Villar, escritora gañadora do Premio Xerais de Novela 2024, pola súa obra Detective Ferruchi.
E por que Marta Villar?
Porque Marta é a nosa veciña de Leiloio e, moi amablemente, aceptou achegarse ao noso estudio de radio e conversar con Jairo Álvarez, Brais Romar e Roi Rodríguez sobre a súa novela e a presenza das consecuencias que o cambio climático provocan en Umeiro e nos seus habitantes.
Pero que mellor xeito que escoitalo das súas palabras...
GRAZAS MARTA!!!💕💕
Comentarios
Publicar un comentario