Onte, 26 de marzo de 2025, a asociación Ponte... nas ondas! celebrou o seu 30 aniversario emitindo programas radiofónicos en streaming desde distintos puntos de Galicia e norte de Portugal. Desde o auditorio de Vimianzo, moitos centros da Costa da Morte quixeron unirse a esta celebración e alí estabamos nós!! o alumnado de radio xunto a outros compañeiros participaron co programa "A máquina do tempo" que consistía nunha representación teatral na que os reporteiros viaxaban a 1970 e coñecían a Feira de Anllóns.
Para escenificar ben o espazo, contamos coa colaboración dos cesteiros do Couto que nos acompañaron nesta andaina e a quen agradecemos a súa achega!!
Aquí vos deixamos un vídeo do que alí aconteceu, mais se queredes ver todo o programa podedes acceder neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=ZNIa8-1lcoE
Comentarios
Publicar un comentario