Outro episodio da nosa MEMORIA VIVA!

 Este ano fomos elixidos como centro Modelo Ponte nas ondas! e isto implica que o noso alumnado vai traballar cos contidos do PCI, así que para ir quentando motores, este ano na Semana Cultural tomamos man das actividades que organiza o Ciclo de APSD cos centros de día de Cabana e tamén de Laracha.









Os usuarios destes centros visitaron o noso instituto para compartir experiencias co alumnado e o equipo de radio quixo charlar con eles durante e saber do seu pasado.

Moitos quixeron falar nos micros e contáronnos cousas interesantes, divertidas e curiosas!!!

Escoitade e sorprendédevos!!!




Comentarios