Agora imos adiante cunha curtametraxe!!!

 Este ano a asociación Senda Litoral de Galicia propuxo aos centros educativos da Costa da Morte, participar nunha serie de concursos para poñer en valor os nosos ecosistemas do litoral. Así, o alumnado de radio de 2º ESO vaise atrever a crear unha curta sobre a importancia ecosistémica do esteiro do Anllóns.

Para iniciar o traballo realizamos unha chuvia de ideas sobre posibles argumentos a crear e moi gustosamente, o alumnado de 4º ESO PDC ofreceunos unha boa explicación sobre a importancia do esteiro, e a flora e fauna que viven nel.






Comentarios