Celebramos o Nadal... cantando!!!

Para celebrar o Nadal deste 2025, o alumnado de 2º de Bacharelato de Coro interpretou unha fermosa panxoliña coa que quixeron compartir a súa ilusión e desexar unhas moi felices festas a toda a comunidade educativa.

Desde Ponte na onda.Radio queremos agradecer esta actividade ao alumnado polo seu traballo, dedicación e entusiasmo, así como a Carmen, a profesora de Música, pola súa constancia e disposición para facer posible esta interpretación tan significativa.

Grazas por contribuír a que este Nadal brille con música, convivencia e alegría compartida.


Comentarios