Adestrando para o FIOT

 

O curso comezou con moita creatividade e ilusión nas aulas de Ponteceso. O alumnado de proxecto competencial puxo mans á obra para idear as súas historias coas que presentarse ao Concurso de Teatro Lido do FIOT de Carballo.

Tras semanas de traballo en equipo e moitos ensaios de voz e interpretación, o esforzo deu os seus froitos, e a historia dos Nenos do futuro, foi seleccionada para pasar á seguinte fase!!! Así, o 26 de outubro desprazámonos ata os estudos de Radio Nordés en Carballo para realizar a gravación oficial da obra "Memorias dun neno cibernético". Unha experiencia única e enriquecedora onde rapaces e rapazas puideron coñecer de preto o funcionamento dunha emisora real, poñer voz aos seus propios textos e ver recompensado o traballo nun contorno radiofónico profesional.



Unha auténtica aventura de radio e teatro que pon en valor o talento, a imaxinación e o compromiso do noso alumnado coa cultura e coa nosa contorna. Non vos perdades os resultados moi pronto!

Comentarios