Novo curso... novas ondas!!

 

Arrincamos un novo curso escolar e facémolo con máis enerxía, ilusión e gañas de comunicar que nunca. Ponte na onda. Radio volve abrir os seus micrófonos para converterse nun punto de encontro. 

Ao longo dos próximos meses temos por diante un calendario cheo de ideas e novas actividades coas que queremos darlle voz ao noso centro. Preparámonos para estrear seccións, facer entrevistas a persoas que teñen moito que contar, debater sobre os temas que nos interesan, compartir recomendacións literarias e retransmitir os momentos máis especiais da vida do instituto.

A radio é un espazo aberto, creativo e participativo onde cada idea suma. Queremos que este proxecto sexa o reflexo da diversidade e do talento que hai nas nosas aulas, así que animámosvos a achegarvos, propor temas e formar parte activa das gravacións.

Nos recreos dos martes, andaremos polo estudio de radio, na aula de Polos Creativos, para abrir os nosos micrófonos!!

Comezamos a emitir!

Comentarios