Por segundo ano consecutivo o noso alumnado de 2º ESO vén de acadar o segundo premio do Concurso de Teatro Lido do Fiot, este pasado domingo no Pazo da Cultura de Carballo.
A emoción e os nervios do directo apoderáronse do noso alumnado na gran gala final pero souberon defender o seu traballo con moita ilusión. Alí estaban Roi, Ailin, Sofía, Mariña, Mateo, Sabela e Camila interpretando a historia "Memorias dun neno cibernético".
Tras superar todas as fases previas e demostrar o talento, chegou o momento decisivo da gala. A competencia estivo ao máis alto nivel nun encontro sumamente reñido, onde cada proposta artística brillou con luz propia. Finalmente, o xurado recoñeceu o noso traballo outorgándonos o 2º premio, un galardón que salienta a dedicación, a orixinalidade e o compromiso do noso alumnado co teatro e coa cultura.
Esta distinción supón un orgullo enorme para toda a comunidade educativa do IES Eduardo Pondal e un incentivo marabilloso para seguir creando, soñando e participando activamente.
Parabéns a todo o equipo pola vosa implicación e por deixarnos este inesquecible momento para a historia da nosa radio!


Comentarios
Publicar un comentario