Ponte na onda. Radio, a radio escolar do noso instituto, está de estrea e presenta o seu novo logotipo. Unha imaxe renovada que nace con vocación de futuro pero sen perder de vista as nosas raíces.
O novo deseño simboliza a unión perfecta entre a tradición e a modernidade. Desde os nosos micros seguimos escoitando o eco dos «piñeiros rumosos» de Eduardo Pondal, unha paisaxe sonora e literaria que nos identifica e que hoxe serve de fonte de inspiración para as ondas que viaxan a través das novas tecnoloxías.
Con esta nova identidade visual, Ponte na onda. Radio reafirma o seu compromiso de seguir sendo un espazo aberto á creatividade, á palabra e á música do noso alumnado. Sintonízanos!

Comentarios
Publicar un comentario